1º Mercadiño de Troco en Salceda de Caselas

O Concello de Salceda de Caselas organiza para o próximo día 20 de decembro un mercadiño de intercambio.
Na Praza do Concello, a partires das 11.00 horas, podes achegarte, coñecer e participar neste mercadiño.
O 1º Mercadiño de Troco enmárcase dentro das actividades promovidas na I Xornada de Concienciación Ecolóxica e onde tamen haberá:

  • Información do Banco de Tempo de Salceda
  • Información para ó consumo responsable
  • Artesanía
  • Productos ecolóxicos
  • Obradoiros e música

Acude!!! Estamos agardándote!!!

Esta iniciativa sumase á de recollida de xoguetes realizada na campaña de nadal.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar Social, “E a forma de intercambio máis antiga do mundo e é habitual que recobre importancia en época de crisis; ainda que pareza algo esquecido, actualmente está resurxindo con forza. Neste contexto, e como proba diso, nace Troca Salceda, como alternativa o sistema de compra-venta. Unha maneira de promover o consumo responsable, a reutilización e a reciclaxe”